O sociolingüista hindú Anik Nandi resalta a falta de uso do galego entre os xóvenes

O pasado martes o sociolingüista hindú Anik Nandi impartiu unha conferencia aos alumnos de Xornalismo sobre a situación da lingua galega, utilizando como comparación o panorama sociolingüístico da India. Resaltou a falta de uso do galego entre os xóvenes e o valor cultural da lingua nunha comunidade.

A India e Galicia son dous lugares que aparentemente poden ter pouco en común, xa que, por exemplo, as linguas que se empregan son totalmente diferentes. Anik Nandi, sociolingüista, leva anos estudando a situación do galego, con informes e investigacións que mesmo o comparan coa situación doutras linguas minorizadas na India.

anik nandi

Anik Nadi

Nandi sinalou que o galego é cada vez a lingua menos empregada polos xóvenes, xa que prefiren o castelán (enquisa do IGE). Isto débese aos moitos prexuízos aínda presentes na sociedade galega e falta de transmisión de xeración en xeración. Sobre isto último está realizando unha tese doutoral.

O escaso uso do galego entre a mocidade chamou a atención de Nandi cando viaxou a Ourense como traductor no ano 2007. O pouco uso da lingua especialmente en ambientes urbanos xa que, explicou, moitos xóvenes que adoitaban falar galego múdanse ao castelán cando chegan as cidades.

ige

Nandi insistiu en que a solución a esta perda de falantes non se pode buscar únicamente nas institucións, teñen que ser os galegos os que empreguen a súa lingua, os falantes son os encargados de que esta perviva. A súa percepción é que “falar galego convertiuse nun peso” cando debería ser a lingua empregada con naturalidade. Para o sociolingüista coñecer a lingua dunha comunidade é esencial para comprender á súa xente, xa que o contrario sería como “querer coñecer a unha persoa sen coñecer a súa alma”. Afirmou que todas as linguas son útiles e válidas como instrumento de comunicación e no caso do galego, debido á similitude co portugués, facilita a comunicación en países como Brasil, Portugal…  A riqueza cultural derivada de ter unha lingua propia é outro dos temas que tratou Nandi.

Durante a conferencia impartida en inglés, unha das 6 linguas que manexa, presentou o contexto sociolingüístico e cultural indio no que conviven unhas 780 linguas sendo 22 linguas oficiais do estado, resaltando os puntos en común coa situación galega. Moitas de esas linguas conviven nun contexto de minorización similar ao do galego en España. Tratou temas como a relixión, a cultura, festas tradicionais…tendo sempre presente a diversidade que caracteriza ao país.

india

Principais linguas faladas en India

Anik Nandi colabora no Instituto da Lingua Galega da USC e no Consello da Cultura Galega participando nos “Encontros para a normalización lingüística”. Actualmente traballa na Universidade de Edimburgo.

 

Anuncios

Un comentario en “O sociolingüista hindú Anik Nandi resalta a falta de uso do galego entre os xóvenes

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s